25 de xuño de 2012

Inauguración da EXPOSICIÓN GB5 no Espazo Emao




Este venres pasado tivo lugar a inaguración da exposición GB5 onde se mostrou ao público o resultado do proxecto de ideación e creación dun fanzine por parte do alumnado da especialidade de Serigrafía Artística da Escola, baixo a coordinación do seu mestre, Nelson Villalobos. E para aqueles que non teñan moi claro o que é un fanzine explicámosllo a continuación:
Un fanzine (abreviatura en inglés de fan's magazine, revista para fanáticos) é unha publicación temática realizada por e para afeccionados. O desenvolvemento desta actividade non adoita ir acompañado de remuneración económica, sendo os fanzines tradicionalmente gratuítos ou cun custo mínimo para pagar os gastos de produción. A súa vantaxe indiscutible é contar con especialistas na súa materia, publicando de forma libre e directa sen ataduras nin intereses para con terceiros a isto hai que engadir outra vantaxe para un autor novel: "a posibilidade de darse a coñecer a un público afeccionado máis ou menos amplo e a algún que outro editor profesional, con iso, o fanzine móstrase "á vez como un bo terreo de rodaxe e unha inmellorable plataforma de lanzamento ao ámbito profesional".
A continuación poderedes ver as imaxes da inaguración que contou entre outros moitos coa asistencia do alcalde de Vigo, Abel Caballero e a presidenta do Organismo Autónomo da EMAO, Raquel Díaz, ademais da interpretación do excelente músico Anxo Pintos.

1 comentario: