12 de out. de 2012

Inauguración da Exposición "Conexión Inexplicable" no Espazo Emao

     

Onte sobre as sete da tarde inagurouse a exposición "Conexión Inexplicable" no Espazo Emao, a sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, o acto que foi presentado polo director da Emao, Rafael Ojea e a Presidenta do Padroado, a conselleira Raquel Díaz, contou coa presenza de numeroso público que puido gozar da excelente interpretación de Rodrigo Romaní, director da E-Trad, e dunha alumna súa, Inés Lorenzo Estévez, que tocaron marabillosamente o arpa.
"Conexión Inexplicable" é un proxecto común entre a fotógrafa finlandesa Maria Kärkkäinen e a artista española Antía Sánchez.
A exposición pódese visitar  do 11 de outubro ao 8 de novembro de 2012 de luns a venres de 19 a 21 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario