2 de dec. de 2012

Imaxes da Inauguración da Exposición: “O cadro colga da parede coma unha arma de caza ou un sombreiro”



Este venres pasado foi a inauguración do proxecto expositivo de Ania González “O cadro colga da parede coma unha arma de caza ou un sombreiro”, aquí tedes algunhas imaxes do acto que foi presentado polo director da Escola, Rafael Ojea, seguido dunha interesante explicación da comisaria da exposición, tamén dirixiu unhas palabras ao público presente a concelleira Raquel Díaz, presidenta do Organismo Autónomo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. O proxecto expositivo conta cun arquivo sonoro dos sons da Escola.

Exposición no Espazo EMAO:
"O cadro colga da parede coma unha arma de caza ou un sombreiro"
De luns a venres de 19 a 21 h. 
30 de novembro de 2012 - 18 de xaneiro de 2013
Un proxecto de Ania González coa colaboración de escoitar e Tayone.

Ningún comentario:

Publicar un comentario