11 de nov. de 2013

"Retroactivos" Exposición de Miguel Vázquez no Halcón Milenario o 15 de Novembro


 (mestre de cerámica artística da Emao)
Inauguración o vindeiro 15 de novembro
no
  Halcón Milenario
Venres: 15, 22 e 29 de novembro
Venres: 13 de decembro
Horario: 20.30 h. a 23.30 h.
Cervantes, 18 - 1º D, Vigo
 
Con "Retroactivos" Miguel Vázquez mostra no Halcón Milenario un xogo: o seu xogo coa porcelana e a cerámica, formas orgánicas, víricas, que nos poden retrotraer por forma e concepto á maxia primixenia e á sorpresa que como espectadores podemos sentir por vez primeira ante a maxia dun proceso descoñecido e altamente atractivo para o ollo e o sentimento. O desconcerto que ocasionan algunhas das súas pezas posuidoras de fraxilidad e contundencia ao cincuenta por cento estremece a retina e divírtea facendo cosquillas nos conductos do noso cerebro formalmente disposto como algunhas das súas pezas que serpentean polas paredes da sala, á vez que segue mantendo viva a fascinación por unha técnica ancestral redibuxándola e presentándoa novamente e en esencia para o noso asombro. 
Miguel ensina a apreciar a cerámica inmediatamente porque nos transmite esa apetencia xenética de contactar coa terra que temos esquecida e faio de múltiples xeitos como excelente coñecedor de técnica e proceso. (Texto de Coloman, Halcón Milenario).


Ningún comentario:

Publicar un comentario