9 de set. de 2016

Seminario "A Estética e O Enigma do Belo, Aplicado ás Artes Visuais e as Literaturas" por Oscar Scopa



O 7 de outubro comeza na hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo o seminario "A Estética e O Enigma do Belo: aplicado ás artes visuais e as literaturas" impartido por Oscar Scopa. Está destinado a persoas vinculadas a tódalas artes, o deseño e as humanidades. 
Oscar Scopa publicou numerosos traballos científicos en Europa e América. Entre os seus libros cabo destacar "Cavas e miñangos" (1985), "Fachada" (1986), "Camporégano" (1997), "Nostálgicos de aristocracia" (2005) ou "O fin do mundo xa tivo lugar (isto non é unha crise)" (2013). Deu conferencias por distintos países europeos e americanos. Foi columnista dos xornais Diario 16 e El Mundo. Tamén foi columnista da revista especializada Cuadernos de Jazz. Na actualidade exerce a docencia na Universidade Carlos III de Madrid e na Universidade de Vigo.
Datas: comeza 7 de outubro 2016 ata 31 de marzo de 2017. Venres en dúas sesións cada mes de 1,30 horas de duración.
  • 7 e 28 de outubro
  • 4 e 25 de novembro
  • 2 e 16 de decembro
  • 13 e 27 de xaneiro
  • 3 e 24 de febreiro
  • 3 e 31 de marzo
Horario: de 20:00 a 21:30 horas
Máximo 30 prazas
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Avd. García Barbón, 5) 
Inscripción: ata o 30 de setembro, gratuita mediante envío de correo-e a emao@vigo.org cos seguintes datos (imprescindibles):
  • Asunto: Seminario de Estética
  • Nome e apelidos solicitante
  • DNI
  • Curriculum vitae e/ou perfil profesional en internet
A selección corresponderá ao director do seminario, en función do contido do curriculum das persoas solicitantes, sempre que cumpran coas condicións indicadas.

A confirmación da inscripción realizarase por correo electrónico enviado dende a EMAO.

As persoas inscritas que falten ás dúas primeiras sesións, ou a tres durante a duración do seminario, serán dadas de baixa, poidendo ocupar o seu lugar os que tormen parte da lista de agarda elaborada despois da primeira selección de participantes.


Ao finalizar o seminario entregarase certificado de asistencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario