27 de mar. de 2017

Xornada de Portas Abertas o Venres 31 de Marzo 2017


Imaxes da Clase Maxistral de José Villar na Escola de Artes e Oficios de Vigo


Clase Maxistral de José Villar "Moldeado Básico con Area" na Escola de Artes e Oficios

Foto publicada no Faro de Vigo (2-8-2009)

Hoxe, luns 27 de marzo ás 16:30 horas,  temos na hemeroteca a clase maxistral Moldeado básico e con area, impartida por  José Villar (Silleda). Esta clase está destinada ao público en xeral (previa inscrición) e ao alumnado da especialidade.
Cunha traxectoria envidiable, de experimentación e formación, José faranos una introdución rápida á técnica do moldeado sobre molde e, para avanzar, explicará unha técnica tradicional de moldeado con area quente, que ten a peculiaridade de que, ademais de dar forma, endurece o coiro. Na exposición podemos apreciar varias técnicas realizadas con esta técnica.
Prazas limitadas

23 de mar. de 2017

Clase Maxistral de Nelson Gómez Callejas "Aplicación do Guadamecil Contemporáneo" na Escola de Artes e Oficios


Mañá, venres 24 de marzo ás 18:15  horas
Clase maxistral: Aplicación do Guadamecil Contemporáneo 
Impartida por Nelson Gómez Callejas (Colombia). 
Destinatarios: público en xeral (previa inscrición) e alumnado da especialidade
Prazas limitadas
A técnica adquire con Nelson unha fasquía especial: a cor, o xeito de aplicalo, os productos empregados.  Ademais dunha introdución histórica faranos comprender a obra do mestre, pai do Guadamecil Contemporáneo que, sen dúbida, non só nos aprenderá a traballar o Coiro senon que tamén nos amosará  como transformar en arte o que levamos dentro.
Esta actividade inscríbese na programación formativa e divulgativa complementaria da Exposición #handmadenothomemade Coiro: cor e volume  que se mostra no Espazo EMAO ata o 7 de abril.

Xornada de Portas Abertas o 31 de Marzo na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Co gallo dos Días Europeos da Artesanía a Escola de Arte e Oficios de Vigo propón unha Xornada de Portas Abertas, o venres día 31 de Marzo, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Entrada gratuíta.

  • De 10.00 a 12.00 poderanse visitar os obradoiros de :  Construción artesanal de Instrumentos Musicais (Zanfona e Instrumentos populares Galegos) e Serigrafía Artística

CAIM Zanfona
CAIM Gaita













Serigrafía artística


  • De 12:00 a 14:00 poderanse visitar os obradoiros de Encadernación e Luthería Antiga. 

Encadernación artística

Luthería antiga
 

  • De 16:00 a 18:00 poderanse visitar as aulas de Escultura e Talla en Madeira, Debuxo, Pintura, Moda e Confección e Orfebrería. 


Escultura e Talla en madeira
Debuxo

Pintura
Moda e Confección

Ourivaría

  • De 18:00 a 20:00 poderanse visitar os obradoiros de Cerámica e Artesanía en Coiro.

Cerámica

Artesanía do Coiro

  • De 9:00 a 12:00 e de 16:30 a 19:30 poderase visitar a Biblioteca da Escola, especializada en Oficios Artísticos.