23/01/2013

225 Aniversario do Nacemento de Lord Byron


Onte cumpríronse 225 anos do nacemento de poeta romántico inglés George Gordon Byron (1788-1824), por ese motivo mostrámosvos as fotos da primeira biografía publicada sobre Lord Byron, polo seu amigo o poeta irlandés Thomas Moore (1779-1852), titulada "The Letters and Journals of Lord Byron" (As cartas e diarios de Lord Byron). Moore foi o seu albacea literario, e malia a súa amizade co poeta, viuse obrigado pola familia deste a destruír as memorias que lle legou, pois temía que a súa publicación puidese deteriorar aínda máis a reputación de Lord Byron. A primeira edición publicouse en Londres por John Murray en 1830, a nosa biblioteca histórica posúe os dos volumes da editada en Paris por Baudry's European Library en 1833.

Ningún comentario:

Publicar un comentario