19/01/2013

Imaxes da Clausura da Exposición " O Cadro Colga da Parede como unha Arma de Caza ou un Sombreiro"






Este venres pasado tivo lugar a clausura da exposición "O Cadro Colga da Parede como unha Arma ou un Sombreiro", un proxecto expositivo de Ania González para o Espazo Emao, unha reflexión sobre a función estética, práctica e simbólica da arte.
Con motivo desta clausura presentouse a publicación en formato Fanzine creada polo artista visual Tayone (Vigo, 1980) e producida na Aula de Serigrafía Artística da Escola; unha escolma gráfica e textual dos materiais e actividades que formaron parte do proxecto expositivo.

1 comentario:

  1. Os que non puidéchedes asistir tedes a publicación "O cadro colga da parede como unha arma de caza ou un sombreiro. Unha reflexión sobre a función práctica, estética e simbólica da arte" á vosa disposición na Biblioteca da EMAO!

    ResponderEliminar