24/04/2017

Convocatoria do Nivel Avanzado para o Curso 2017-2018

Proxecto  de Douglas Omar Franco Ixcot


Convocatoria do Nivel Avanzado para o curso 2017-18.
O alumno/a que remate o nivel superior da especialidade na que estea matriculado/a, coa cualificación de apto/a, poderá acceder ao nivel Avanzado, que consiste no desenvolvemento dun proxecto persoal de fin de estudos directamente relacionado coa especialidade cursada, previamente presentado e seleccionado ao remate do curso académico, unha vez avaliado e calificado como Apto/non apto o proxecto desenvolvido, conforme ao Plan de Estudos da EMAO 2015 (PEMAO2015).
Este nivel ten carácter presencial, en sesións semanais de dúas horas de duración durante a totalidade do curso académico. A asistencia será obrigatoria para os /as seleccionados/as, cun máximo de faltas de asistencia xustificadas do 25% do total do crédito horario.
Á finalización do proxecto, que deberá ser rematado antes do fin do curso académico 2016-2017, o/a docente-titor/a emitirá un informe de valoración no que conste motivadamente se o alumno/a acadou ou non os obxectivos expresos indicados na súa memoria inicial de proxecto.

Prazos
  • Do 18 de maio ao 12 de xuño de 2017, presentación de proxectos por parte do alumnado.
  • Do 13 ao 16 de xuño de 2017, informe dos proxectos por parte do profesorado e presentación da ficha docente normalizada de cada proxecto seleccionado á Comisión citada en 5.2.
  • Do 19 ao 23 de xuño de 2017: estudo e selección de proxectos pola Comisión de valoración
  • Dia 27 de xuño de 2017: exposición pública (taboleiro e internet) do listado de alumnado e proxectos seleccionados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario