10 de abr. de 2017

XXVII Mostra do Encaixe de Camariñas



Dende 1981, cada Semana Santa, celébrase "A Mostra do Encaixe de Camariñas", certame comercial e cultural de ámbito internacional, declarado de Interese Turístico de Galicia. Este evento acadou dinamizar o sector do encaixe, propiciando o uso dos "Encaixes de Camariñas", non só no enxoval doméstico, así como a súa inclusión definitiva no sector da moda.
A vigesimoséptima edición da Mostra de Camariñas contará con máis de cincuenta stands divididos en artesanía, encaixe e turismo e contará coa presenza de 17 países. A principal novidade será a presenza por primeira vez de Xapón, o que supón a participación da diseñadora nipona, Noriko Hashizume, no desfile de modelos.
A presente edición da "Mostra do Encaixe" celebrarase en Camariñas do 12 ao 16 de abril de 2017.

Ningún comentario:

Publicar un comentario