19/07/2017

Catálogo da Exposición Proceso Público


Xa podedes ver o catálogo da exposición Proceso Público que se pode visitar no Espazo Emao, a sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo ata o vindeiro 15 de setembro. Esta exposición insírese na programación do Espazo EMAO  que contempla a realización dun proxecto expositivo singular ao remate do curso académico. Esta proposta racha coa clásica exhibición de traballos individuais do alumnado, para mergullarse no eido da transversalidade e o traballo creativo e artesán en común entre alumnado e profesorado como unha tarefa paralela á propia da aprendizaxe nas aulas e talleres. 
A maior parte das obras expóñense dentro no Espazo Emao e outras, ademais de ter representación na sala, interveñen sobre distintos espazos públicos. Son a peza de Debuxo construída para o aparcadoiro de bicicletas da Rúa Pontevedra, a de Deseño e encaixe de palillos instalada no vestíbulo da escola, porta principal, ou a de Serigrafía que invade e dialoga co público no vestíbulo da propia sala de exposicións. 

Lugar: Espazo EMAO, edificio da Escola, entradas polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro
Datas: do 30 de xuño ao 15 de setembro de 2017 (agosto pechado)
Horario de apertura: de luns a venres de 19:00 a 21:00 horas
 
Catálogo da Exposición Proceso Público. Pdf.

Ningún comentario:

Publicar un comentario