28 de xul. de 2017

Convocatoria do Seminario na EMAO: "A imaxe e os seus interrogantes nas artes e as humanidades" por Oscar Scopa


O 19 de setembro comeza na hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo o seminario "A imaxe e os seus interrogantes nas artes e as humanidades" impartido por Oscar Scopa. Está destinado a persoas vinculadas ás artes e ás humanidades. 
Oscar Scopa publicou numerosos traballos científicos en Europa e América. Entre os seus libros cabo destacar "Cavas e miñangos" (1985), "Fachada" (1986), "Camporégano" (1997), "Nostálgicos de aristocracia" (2005) ou "O fin do mundo xa tivo lugar (isto non é unha crise)" (2013). Deu conferencias por distintos países europeos e americanos. Foi columnista dos xornais Diario 16 e El Mundo. Tamén foi columnista da revista especializada Cuadernos de Jazz. Exerce a docencia na Universidade Carlos III de Madrid e na Universidade de Vigo.
Datas: comeza 19 de setembro de 2017 ata 27 de marzo de 2017. Martes en dúas sesións cada mes de 1,30 horas de duración.
  • 19 de setembro
  • 3 e 24 de outubro
  • 7 e 28 de novembro
  • 5 e 12 de decembro
  • 16 e 30 de xaneiro
  • 6 e 27 de febreiro
  • 6 e 27 de marzo
Horario: de 20:00 a 21:30 horas
Máximo 30 prazas
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Avd. García Barbón, 5) 
Inscripción: ata o 14 de setembro, gratuita mediante envío de correo-e a emao@vigo.org cos seguintes datos (imprescindibles):
  • Asunto: Seminario "A imaxe"
  • Nome e apelidos solicitante
  • DNI
  • Curriculum vitae e/ou perfil profesional en internet
A selección corresponderá ao director do seminario, en función do contido do curriculum das persoas solicitantes (traxectoria profesional e experiencia no eido das artes e humanidades), sempre que cumpran coas condicións indicadas.

A confirmación da inscripción realizarase por correo electrónico enviado dende a EMAO.

As persoas inscritas que falten ás dúas primeiras sesións, ou a tres durante a duración do seminario, serán dadas de baixa, poidendo ocupar o seu lugar os que tormen parte da lista de agarda elaborada despois da primeira selección de participantes.


Ao finalizar o seminario entregarase certificado de asistencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario