27 de abr. de 2018

VI Edición das Xornadas dos Oficios do Coiro en Allariz


A reivindicación dos oficios artesanais pero, en especial o do coiro, centrará do 3 ao 6 de maio en Allariz a sexta edición das "Xornadas dos oficios do coiro". Medio centenar de profesionais, estudantes e afeccionados de toda Galicia está previsto que participen nun encontro que "segue incidindo na importancia da formación".  Escolas de todo o Estado, onde se imparten diferentes especialidades, participan nunha exposición colectiva que se poderá visitar na Paneira, dende o 27 de abril ata o 20 de maio.

Como cada ano a nosa Escola participará destas xornadas de aprendizaxe, comunicación e convivencia, pero este ano dun xeito moi especial xa que unha das exposicións que forman parte das Xornadas, mostra os traballos que se realizan en seis Escolas do estado, Igualada, Burgos, Córdoba, Jerez de la Frontera, Madrid e como non Vigo.
Os traballos que representan á nosa son os realizados por Manuel Dieguez e Gemma Gondar, alumnos e Antonina Kadyrova e Carmen Mariño, antiguas alumnas. A última peza enviada se trata de un Repuxado elaborado con técnica do "Cadáver Exquisito" elaborado polos alumnos da especialidade de Artesanía en Coiro de este curso que representa a fachada da nosa Escola.


Ningún comentario:

Publicar un comentario