20 de abr. de 2018

Visita da Asociación Veciñal Doutor Fleming á EMAO

Na biblioteca

O martes pasado recibimos a visita dun grupo de mulleres da Asociación Veciñal Doutor Fleming, que están a facer o curso: "Coñece Vigo a través da súa historia e da súa arte" dentro do programa "Ser muller é unha boa idea" da Concelleria de Igualdade, acompañadas da súa mestra Puri Pérez González.
Foi un pracer para nós compartir a tarde cunhas señoras cheas de curiosidade e dispostas a seguir aprendendo ao longo da vida.


Na aula de debuxo co mestre Federico Fernández

Na aula de pintura co mestre Jacobo Fernández


Ningún comentario:

Publicar un comentario