EMAO en Internet


Especialidades
Cada un dos/as mestres/as das 13 especialidades actuais da Escola de Artes e Oficios ten creado un Blog de Aula, xestionado por eles/as. O obxectivo dos blogs de aula é tanto manter a información para o público e alumnado en xeral sobre a actividade de cada Obradoiro e sobre os temas relacionados coa especialidade, como o de prestar servizos ao alumnado matriculado: programación, materiais, recursos, apuntes.... que poida ser descargado dende a área privada de cada Blog.
Tamén quere ser un lugar de encontro e interacción en rede coa alumnado e con todas as persoas interesadas.
Algunhas especialidades manteñen tamén perfís en Facebook, Twitter e Instagram.

Blog EMAOENLIÑA 

Blogs:
Obradoiro de Debuxo
Obradoiro de Ourivaría
Obradoiro de Talla e escultura en madeira
Obradoiro de Artesanía en Coiro
Obradoiro de Serigrafía Artística 
Obradoiro de Cerámica artística
Obradoiro de Moda e Confección
Obradoiro de Deseño e Encaixe de Palillos
Obradoiro de Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM Gaita)
Obradoiro de Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM Luthería Antiga)
Obradoiro de Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM Zanfona) 
Obradoiro de Encadernación Artística (Blog pendente de crear) 

Instagram:
Artesanía en Coiro
Moda e Confección
Ourivaría
Serigrafía artística 

Administración e Biblioteca
A web administrativa da EMAO, aloxada no dominio Vigo.org, do Concello de Vigo, recolle as normas, convocatorias e outra información institucional de interese. Tamén estamos na web das Escolas Municipais de Música e Arte (EMMA) do Concello de Vigo
Tamén, dende a Administración da Escola e da Biblioteca, coordinase e xestiónase o Blog da Biblioteca, que actúa como páxina de difusión e información xeral da Escola) e a Web de enlaces de interese "Novas de Artes e Oficios" (baixo a plataforma Scoop.it).
A Biblioteca da EMAO (nas súas funcións de centro de documentación e difusión da EMAO, mantén un perfil en Facebook e Twitter: @bibliotecadaemao

Canle de Youtube

Contacto por correo electrónico
Escola (Administración): emao[arroba]vigo.org
Biblioteca: biblioteca.emao[arroba]vigo.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario